KonVersions

Seguimos coa nosa tentativa de organizar eventos alternativos musicais nas nosas terras, e por iso, unha vez máis, levantaremos un escenario no Canle IV do pobo de As Pontes para que tres grupos de versións das bandas máis míticas da escena metaleira solten a súa tralla:

-LADY EVIL coas súas versións de grupos clásicos como Black Sabbath, Iron Maiden, Ozzy, Scorpions, Metallica e un largo e hevicheiro etcértera!

-SATAN Y COPLAN: Farán lembrar vellos tempos ós máis entrados en idade, e simularán unha noite roqueira dos 80 para os máis novos coas súas versións dos clásicos Barón Rojo.

-MAIDEN SLAVE: Para cerrar a noite de festa chegarán en helicóptero dende Ferrolterra a banda tributo galega por excelencia de Iron Maiden.

 

Esta todo dios convidado a outra noite de festa!!

 

A Data: o 10 de Marzo do último ano da humanidade (2012).

A Hora: Dende as 21:30 en adiante. Podedes chegar antes, a barra estará «libre»!

O Lugar: No Canle IV ó carón da Estación de Buses (ou o que queda dela), nas Pontes. Ver mapa más grande

 

E COMA VEN SENDO HABITUAL…. ENTRADA DE BALDE!!

E OUTRO DETALLE IMPORTANTE… O CONCELLO  COLOCA UNHA CARPA POR SE CHOVE!

 

kontrashte troop

Posted in EVENTOS KONTRASHTE | 1 Comment

Fotos Kontrashte Metal Party 2012

Aquí tedes as fotos dos concerto do outro día! Gracias a todos por vir, e prometemos seguir montando destas!!!

GALERÍA COMPLETA: http://snack.to/5EnM9fb

 

 

–KONTRASHTE TROOP–

 

Posted in EVENTOS, EVENTOS KONTRASHTE | Leave a comment

Avance Masterclass de Pepe Bao en As Pontes

Masterclass Pepe Bao 2011 from trafikografiko on Vimeo.

Próximamente en HTTP://TRAFIKOGRAFIKO.WORDPRESS.COM

 

Posted in EVENTOS, PROGRAMA CULTURAL AS PONTES | Leave a comment

Zeitgeist 3: Moving Forward

Para o día 14 de Xaneiro do novo ano 2012 proxectaremos, como xa ven sendo común, na casa Dopeso a tercera e derradeira parte dos documentais Zeitgeist, Moving Forward.

Esta vez o documental analizará as patoloxías humanas en canto o que condiciona o lugar do nacemento dunha persona ou a súa cultura, a obsolescencia programada, a cultura da propiedade privada,  así como tamén exporánse solucións baseadas no Proxecto Venus; todo esto narrado dende un punto de vista crítico, pero a súa vez esperando algún tipo de resposta por parte da audiencia.

Convidamos a todos a pasar unha tarde de cine!

A entrada é de balde e como non, haberá café, té e biscoito!

 

KONTRASHTE

Posted in EVENTOS, EVENTOS KONTRASHTE | Leave a comment

Metal Party 2012

Este ano os magos non son reis, senón tres grupazos de metal que descargarán a súa artillería no antigo local da feira do gando de As Pontes dende as 22:00 da noite.

Os grupos invitados son Raze, Display of Power e Bokluk.

Bokluk veñen de A Coruña con compoñentes de 3rd Age Attack, Noitébrega e INU, facendo Death Metal do Gordo!

Raze é un grupo do pobo de As Pontes de thrash metal do bó, do vello, do real!!! (http://www.myspace.com/razetheearth)

Display Of Power chegan de A Coruña pra versionar temas duns grandes, no que por momentos dudaremos de se son un grupo de versións ou os mismísimos Pantera. (http://www.myspace.com/displayofpower)

 

Esta todo dios invitado a pasar unha boa noite de festa e de boa música…. e o que non lle guste, que veña igual!!!

E o regalo dos Reis Kontrashtianos: ENTRADA DE BALDE!!

 

KONTRASHTE

 

 

Posted in EVENTOS, EVENTOS KONTRASHTE | 2 Comments

TORNEO PES 2012 KONTRASHTE

Hola a tod@s:

Unha vez máis a Asociación Kontrashte arranca cun novo evento enmarcado na derradeira semana de decembro. Esta vez trátase do TORNEO PRO EVOLUTION SOCCER 2012 KONTRASHTE en xbox 360. O lugar onde imos a realizar esta actividade será o Mercado Vello de As Pontes, e os días, o 29 e 30 de decembro de 2011 a partir das 16:30 ata peche. O campionato divídese en dous días:

O xoves 29 de decembro, terá lugar o campionato por parellas, cunha inscripción de 10€ por parella de participantes.

O venres 30 de decembro, terá lugar o campionato individual, cunha inscripción de 10€ por participante.

A forma de participar no torneo é apuntándose nas follas de inscripción (Nome e apelidos/Nome do equipo/Equipo de fútbol escollido/Número de teléfono), que poderás atopar tanto no bar DREAMS como no F&K. O plazo de inscripción para calquera das dúas modalidades remata o luns 26 de decembro de 2011 incluído.

O sorteo dos grupos e os emparellamentos terán lugar no bar DREAMS o día 27 de decembro de 2011 ás 20:00, cando xa contemos con tódo-los participantes e equipos. Este mesmo día quedará todo encadrado, e para a xente que igual non poida acudir ó sorteo, pode consultar en www.kontrashte.com onde o colgaremos o antes posible. As bases do torneo quedan a disposición de quen quera miralas no Dreams e no F&K.

Hai que dicir que o 90% da recaudación total será repartida en premios en metálico para os tres primeiros clasificados tanto en individual como por parellas. A Asociación Kontrashte queda co 10% da recaudación total do evento para fins propios da Asociación e futuras actividades.

Desexamos unha boa acollida por parte da xente e animamos a apuntarse e botarse unhas risas.

 

Kontrashte!!!

 

Posted in EVENTOS KONTRASHTE | 2 Comments

Pepe Bao o venres 2 de decembro en As Pontes

El é un virtuoso do baixo eléctrico e un dos baixistas máis polifacéticos que hai no panorama musical estatal. Parte do súa fama débese á carreira realizada dentro da banda «O funk’illo», pero Pepe Bao traballou con músicos de estilos musicais tan diferentes como o flamenco ou o rap.

O venres 2 de decembro estará a partir das 20:00 no salón de actos da Casa Dopeso pontesa. A asociación kontrashte aconsella a asistencia a este evento, xa que do que é capaz Pepe Bao co seu instrumento é todo un espectáculo digno de ver

O prezo da entrada é de 3 euros

+info:www.aspontes.org

watch?v=9m0Lvlny3LY&feature=related

Posted in EVENTOS | Leave a comment