KONTRASHTE FEEEEEEEEEEEEEEEST!!!!!!

On Setembro 26, 2011 by kontrashte

Moi boas a todos aqueles que pasedes por este pequeno sitio da rede!

O Kontrashte Fest rematou e esta asociación quere dar as grazas a todas as persoas que colaboraron, estiveron, tocaron, cociñaron, patrocinaron, beberon, comeron, brincaron, etc. no festival deste sábado.  Pois o motivo principal desta festa era que a xente desfrutase en As Pontes dun festival lúdico-musical en condicións. Esperamos que o obxectivo se conseguise.

Eramos uns completos novatos nisto de montar un festival, pero sacamos unhas conclusións moi positivas deste primeiro experimento (dicimos primeiro porque queremos traballar para facer máis Kontrashte Fest!!). Queríamos mostrar á xente e ás institucións que a nosa asociación era capaz de organizar un festival digno, e tamén demostrarnos a nós mesmos de que eramos capaces de organizalo.

Asumimos moitos erros que temos moi en conta de cara a unha posible nova edición, de feito, imos facilitar o mail (kontrashte@hotmail.com) por se alguén quere mandar algunha queixa, algún consello, suxerencia, chamarnos fillos de puta, etc. Tamén está permanentemente dispoñible para calquer tipo de información que queirades saber sobre Kontrashte.

E pouco máis, a asociación nunca para porque este planeta tolo tampouco o fai, e seguiremos con máis actividades das que vos manteremos ao tanto; ben sexa outro cine-fórum (esperemos que desta vez teña máis éxito co de “Ensalada de Endesa con chile”), outra exposición de fotografía artístico-subversiva, algunha charla de alguén que teña algo importante que dicir, non sei… algo fixo que se nos ocurre!

Apertas kontrashtadas!!

 

P.D. Este sitio web será remodelado en breves, porque todo hai que decilo, está feito un cristo!!

6 Responses to “KONTRASHTE FEEEEEEEEEEEEEEEST!!!!!!”

  • Jabugo

    Parabens! creo que foi unha primeira vez moi boa. Non perdades a forza, a ilusión e as ganas de facer as cousas ben. Esperamos máis!!

  • Efrén

    Boas xente. Saudos dende Timor Leste. Prometo foto expedicionaria con uniforme kontrashte.

  • moitísimas gracias á xente que se preocupou de montar todo isto, e por riba de todo de facernos sentir a todolos grupos un día especial, que penso que ningún de nos esqueceremos! máis dun sentíamonos como o puto steve harris do pedazo de trato que tivemos ;) moita sorte nos anos vindeiros, se o primeiro foi así…o que nos queda!! fon, sebas, moro, marcos, macaco e demais amigos que coñecemos e nos fixestes sentir así de ben, unha aperta enorme, graciñas por todo, xamais deixedes esta ilusión! gracias a xente coma vos hai un oco pra algo máis que as gaitas neste país!

    • Emilio

      De nada meu!! Foi un placer, agardamos ter unha segunda edición que sexa aínda máis de puta madre!! por ganas non será!!
      Saúdos!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>