KonVersions
Seguimos coa nosa tentativa de organizar eventos alternativos musicais nas nosas terras, e por iso, unha vez máis, levantaremos un escenario no Canle IV do pobo de As Pontes para que tres grupos de versións das bandas máis míticas da escena metaleira solten a súa tralla:
-LADY EVIL coas súas versións de grupos clásicos como Black Sabbath, Iron Maiden, Ozzy, Scorpions, Metallica e un largo e hevicheiro etcértera!
-SATAN Y COPLAN: Farán lembrar vellos tempos ós máis entrados en idade, e simularán unha noite roqueira dos 80 para os máis novos coas súas versións dos clásicos Barón Rojo.
-MAIDEN SLAVE: Para cerrar a noite de festa chegarán en helicóptero dende Ferrolterra a banda tributo galega por excelencia de Iron Maiden.
Esta todo dios convidado a outra noite de festa!!
A Data: o 10 de Marzo do último ano da humanidade (2012).
A Hora: Dende as 21:30 en adiante. Podedes chegar antes, a barra estará “libre”!
O Lugar: No Canle IV ó carón da Estación de Buses (ou o que queda dela), nas Pontes. Ver mapa más grande
E COMA VEN SENDO HABITUAL…. ENTRADA DE BALDE!!
E OUTRO DETALLE IMPORTANTE… O CONCELLO COLOCA UNHA CARPA POR SE CHOVE!
kontrashte troop

Gran evento amigos, ha sido un verdadero placer compartir escenario con los geniales Satán y Coplán y Lady Evil, tocando para el entregado público de As Pontes. Muy buen trabajo de la organización, os deseamos muchos éxitos. Esperamos haber aportado nuestro granito de arena a esa brutal noche de Heavy Metal.
Muchos cuernos!